Fundado en 1145 polo conde Pedro Osorio, pasou máis tarde ao mecenado dos Andrade. En 1393, Fernán Pérez de Andrade funda sobre a antiga construción existente o convento que acollerá os franciscanos da Terceira Orde Regular de San Francisco. Fundada polo santo en 1221, obtén recoñecemento canónico coa bula do 20 de xullo de 1447 do papa Nicolás V, que establecía ademais a súa regra; pero os terciarios españois e portugueses conseguiron do papa Paulo III en 1549 tres regras propias: unha para os que vivían en comunidade, outra para as monxas e outra para os segrares que vivían nas súas casas ou en ermidas. Esta orde desaparece de España tras a desamortización de Mendizábal.
O patrimonio deste convento está formado polas terras doadas polo fundador á congregación, que se estendían pola península de Ares e Mugardos, mais o señorío eclesiástico concedido polo arcebispo de Santiago, Juan García Manrique, sobre Cervás, Caamouco, a ermida de Chanteiro e bens radicados en Narón, Miño, Neda e Ferrol.
Historia archivística
Fondo que chegou mesturado cos fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña que ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance e conteúdo
O fondo comprende series documentais basicamente relacionadas coa xestión eclesiástica da comunidade, o goberno do seu señorío e a adquisición e administración do patrimonio do mosteiro. Unha parte da documentación que inclúe está composta polas series procedentes dos mosteiros e conventos que incorporou a principios do século XVI.
O fondo conservado no ARG áchase moi minguado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia