Tradicionalmente, sinálase como data de creación oficial do Tribunal o 3 de agosto de 1480, pero, en realidade, o que podemos fixar entonces é o inicio dun proceso gradual que, en palabras do profesor Eiras Roel, "se formaliza en 1494 con la regulación del tribunal según los procedimientos ordinarios del Derecho de la ép oca y se reconoce oficialmente como Audiencia real hacia 1514". Conformada como tal a principios do século XVI, a Real Audiencia irá perfilando a súa estru ctura orgánica e competencias como tribunal de xustiza e órgano de goberno do Reino p or sucesivas ordenanzas (impresas por primeira vez en 1679, na Coruña, na impren ta de Antonio Frayz). Nesta época, está presidida por un Gobernador-Capitán Xe neral e se organiza en dúas Salas, con competencia en asuntos civís e crimininais. Cada unh a delas conta con 4 alcades maiores e ten asignadas dúas escribanías de asento ( a Sala Primeira, Gómez e Pillado, a Segunda, Fariña e Figueroa). En outubro de 1 760 créase a Sala do Criminal e dótase de 3 alcaldes maiores e dúas escribanías (Taboada e Va lado) Entre 1566 e 1587 o Gobernador é substituído por un Rexente. Suprimida esta figura na última data indicada, restitúese no ano 1726, pero esta vez para coexistir coa de Gobernador. Gobernador/Rexente e Alcaldes Maiores conformaban o Real Acor do, o órgano de Goberno da Audiencia. Como noutros tribunais do Antigo Réxim e, funcionaban anexos á Real Audiencia pequenos xulgados. Entre eles, coñecemos hoxe, pola documentación conservada, o Xulgado de Provincia e o Xulgado da Protectoría do V oto do Apóstolo Santiago. Como tribunal real con xurisdicción en todo o terr itorio de Galicia, as competencias da Real Audiencia incluían o coñecemento en 1 ª instancia no termo da súa residencia e en cinco legoas á redonda (que serán 8 a partir da creación do Xulgado de Provincia en 1760) así coma nos casos de Corte. En apelac ión, a Audiencia coñecía das de tódolos procesos civís, criminais e de goberno d as xustizas do reino e das sentencias dictadas polos seus xuíces no espacio das cinco legoas . As sentencias da Real Audiencia eran apelables diante da Chancelería de Va lladolid. Nos preitos civís, o límite, fixado inicialmente en 10.000 maravedís, elévase progresivamente, ata acadar 1.000 ducados de ouro en 1580. No criminal, aínda q ue nun principio podía apelarse das sentencias de mutilación de membros ou deste rro de dez anos en adiante, finalmente se restrinxíu a apelación ós casos de pen a de morte. Contaba ademais a Audiencia de Galicia, a traveso do Real Acordo, con amplas facultades en materia gubernativa en todo o Reino. O Decreto de 26 d e xaneiro de 1834, que crea novas audiencias, establece o territorio de cada unh a e sinala a igualdade en autoridade e facultades de todas elas, inaugura un proceso de cambi o radical do réxime xurídico destes tribunais en consonancia co resto das normas que por estes anos contribuiron a liquida-lo Antigo Réxime. En consecuencia, té ndese a fixar tradicionalmente nesta data o fin da existencia da antiga Real Audiencia de Gali cia.
Historia archivística
Ata o momento da creación do Arquivo do Reino de Galicia, no ano 1775, do q ue constitíu o núcleo fundador, o fondo documental da Real Audiencia se custodio u en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsab ilidade inicial da custodia das series documentais producto das súas actividades, mentre s que por diversos testemuños coñecemos que xa en datas temperás existía un loca l, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domin go da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do convento por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental ou fra ccións do mesmo gardáronse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bon Suceso ou, tamén, nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axe itadas, tal e como poñen de manifesto algúns testemuños que se refiren a algún d estes como"bódega húmeda y mal acondiconada".
Alcance e conteúdo
Comprende esta serie os expedientes que acreditan a realización de deslindes e demarcacións de fincas ou herdades, sinalándoas, no seu caso, dispois, e limitándoas con coutos e moxóns, con obxecto, polo xeral, de achar o espacio de terreo afecto a un foro, medíndoo e limitándoo, para aclarar que fincas o integran, evitar ocultacións e determinar os donos dos dominios directo e útil. Xa que logo, estes documentos constitúen testemuños de actos de xurisdicción voluntaria, pois presupoñen a existencia dun título de propiedade material ou formal sobre o que se constrúe a súa relación xurídica, e deben diferenciarse dos "apeos litixiosos" ou xuízos de deslinde, que se realizan por mandato da autoridade xudicial para dilucidar os límites de dous terrenos ou territorios en disputa. A súa práctica, desenvolvida como un dereito derivado do de propiedade recoñecido xa no Fuero Juzgo, hai que poñela en relación co escurecemento progresivo dos bens rústicos e urbanos que integran o foro, polo constante movimento do dominio útil, que dificulta a identificación dos bens forais. A Real Audiencia tramitaba expedientes de apeo nos "casos de corte", cando o demandante posuía o privilexio de acudir directamente en primeira instancia a ela.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Por estar transferida a xestión á Comunidade Autónoma de Galicia, a reprodu cción da documentación deste fondo áchase suxeita á Lei 13/1991, de 9 de decembro , de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 12, desenvolvido polo Decreto 320/1992 de 12 de novembro, polo que se fixan os p rezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos arquivos e museos xestionado s pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica, no seu T ítulo III, artigo 9º.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Unha parte do fondo áchase en mal estado debido
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: No fondo documental da Real Audiencia de Galicia con frecuencia é posible a topar preitos nos que corren unidos expedientes de apeo, por aportalos as partes como proba en defensa do seu dereito; por seren ordenados xudicialmente para de limitar termos en litixio; porque foron a orixe mesma do litixio (por xurdiren interesad os que contradin o apeo), ou por outras causas. Pódense citar en concreto as seg uintes unidades de instalación: Leg. 548/11, Leg. 1.357/9, Leg. 27.213/289, Leg . 409/44, Leg. 19.901/2, Leg. 1.789/5. No grupo de fondos procedentes de mosteiros e c onventos desamortizados consérvanse numerosos expedientes de apeo, soltos ou re collidos en formato libro. Véxase: - Nº 230-s.a Catálogo de lib ros de Monasterios (Orden topográfico) Fechas extremas: XVII- XVIII Acompaña: Índice de libros de monasterios (Orden alfabético-g eográfic o) Nª de fichas: 676 SG: L.39 - Nº 231- 1979-1980 . A Coruña Archivo Histórico del Reino de Galicia. Sección XII.[Inventario de cl ero de la provincia de La Coruña]. Contiene: 1. 1979, A Coruña. Archivo Histórico del Reino de Galicia. Sección XII. Relación de Libros de Monasterios. [Inventario]. 266 a 287 f. 2. 1979, A Coruña Archivo Histórico del Reino de Galicia. S ección XII. Inventario de la Documentación de Eclesiásticos / Director: Antonio Gil Merino. Realizado por Concepción Julve Benedicto. 2 h., 296 f. (1). A partir de 266- Apéndice Acompaña:- 1980, A Coruña Archivo Histórico del Reino de Galici a. Sección XII. Documentación procedente de monasterios. Índice alfabético de pe rsonas, localidades y asuntos. 60 f. (p. 298-358) 358 f. Mec. ; 30,5 x 21,5 cm. ; enc. Rust. SG: L. 39
Notas
Nota general
1. Contido resume: - O dereito de deslinde e apeo recóllese, de forma directa ou indirecta, na lexislación do Antigo Réxime, concretamente en: FUERO JUZGO, Libro X, Título III, Lei 1ª e seguintes ; PARTIDAS, Partida VI, Título XV , Lei 10 ; NOVÍSIMA RECOPILACIÓN, Libro I, Título XVII ; Lei XVII. A Lei de Enxuizamento Ci vil de 3 defebreiro de 1881, aínda que xa queda fóra do período cronolóxico abar cado polo fondo da Real Audiencia de Galicia, recolle, na Primeira parte do Libr o III, un título dedicado os Apeos - que se distinguen dos deslindes y amojonamientos - e Prorrateos de foros (XVI: Sección 1ª. De los apeos. Artigos 2.071-2.091). - Herbella de Puga subliña a importancia do expediente de apeo como proba de iden tidade na Demanda de reivindicación de bens. Dí así, no capítulo XIII, 23: "La prueba de identidad debe concluir necesariamente, no admite posibilidad en contrario; y de be ser tan urgente, eficaz y demostrativa, como que los documentos con que se v ista la probanza, señalen los territorios, como con el dedo". E no número 24: "La identi dad en materia antiguas, se prueba por fama publica, enunciativas en distintos i nstrumentos, descripciones en apeos…"
Este fondo documental ha sido digitalizado con cargo a los fondos del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia-Next GenerationEU.
This documentary fund has been digitized under the Recovery, Transformation and Resilience Plan-Next Generation funds.