Rodrigo de Valencia, prior do Real Mosteiro de San Benito de Valladolid, reformador xeral da Orden de San Bieito, realiza a anexión dos mosteiros de San Lourenzo de Carboeiro, San Cibrán de Bribes, San Pedro de Soandres e o priorato de San Martiño de Ozón, ao mosteiro de San Martiño de Santiago
Fecha de creación
1499-07-13 / 1499-07-13. 1499, xullo, 13. Santiago de Compostela
Fecha de acumulación
1499-07-13 / 1499-07-13. 1499, xullo, 13. Santiago de Compostela
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Corren unidos:
1499, julio, 13. Copia simple da escritura de anexión de 1499. Papel, 4 f., 30 x 21 cs.
1500, setembro, 5. Roma. Bula do papa Alejandro VI confirmando a anexión dos mosteiros de San Cibrán de Bribes e o priorato de San Martiño de Ozón ó mosteiro de San Martiño de Santiago. Pergamiño, 494 x 595 mm. Letra minúscula diplomática. Falta o selo
1500, setembro, 25. Roma. Bula do papa Alejandro VI confirmando a anexión dos mosteiros de San Lourenzo de Carboeiro e San Pedro de Soandres ó mosteiro de San Martiño de Santiago. Pergamiño, 470 x 600 mm. Letra minúscula diplomática
1504, decembro, 1. Traslado da bula do papa Alejandro VI do 25 de setembro de 1500, confirmando a anexión dos mosteiros de San Lourenzo de Carboeiro e San Pedro de Soandres ó mosteiro de San Martiño de Santiago. Pergamiño, 4 f., 320 x 225 mm. Letra cortesá
1518, abril, 15. Mosteiro de San Cibrán de Bribes. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Bribes. Permiño, 225 x 425 mm. Letra humanística
1518, xuño, 21. Mosteiro de San Pedro de Soandres. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Soandres. Pergamiño, 250 x 340 mm. Letra humanística
1521, xuño, 25. Mosteiro de San Cibrán de Bribes. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Bribes. Papel, 2 f., 31 x 21 cm. Letra cortesá
1521, xuño, 27. Mosteiro de San Pedro de Soandres. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Soandres. Papel, 2 f., 32 x 22 cm. Letra cortesá
1521, abril, 5. Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Carboeiro. Papel, 2 f., 32 x 22 cm. Letra cortesá
1521, abril, 5. Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Carboeiro. Papel, 2 f., 30 x 22 cm. Letra cortesá
1521, xullo, 20. Mosteiro de San Martiño de Ozón. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Ozón. Papel, 1 f., 31 x 22 cm. Letra cortesá
1523, novembro, 23. Mosteiro de San Martiño de Ozón. Escritura de continuación de posesión do mosteiro de Ozón. Papel, 2 f., 31 x 22 cm. Letra cortesá
Condiciones de acceso
Lengua:
Latin
Spanish; Castilian
Escritura:
Cortesana
Humanista
Minúscula diplomática
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Dous documentos presnetan perdas de soporte que afectan a unha parte do texto
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
Esta escritura de anexión e incorporación concédese como consecuencia dun breve de Inocencio VI e dunha bula de Inocencio VIII que insire no documento