O oficios de hipotecas xorden no ano 1768 como froito da Real pragmática do 31 de xaneiro, que ordena a creación dun oficio de hipotecas nas cabezas de partido e de xurisdición que sinalasen as audiencias ou chancelerías. A súa intención era dar publicidade ás cargas dos bens raíces e así evitar o exceso de preitos e fraudes.
Os oficios estaban a cargo dos escribáns de concello, que se encarcagarían de levar, en libros encadernados e foliados como os protocolos notariais, os rexistros independentes de cada vila do distrito, co asento, por anos, dos instrumentos notariais que recollesen hipotecas ou gravames, ou ben a súa liberación ou redención. Os libros tamén tiñan que contar cun índice para facilitar a consulta.
En 1774 o Consello de Castela estableceu a obriga de inscribir os censos e hipotecas feitos perante notario antes de 1768, polo que é posible atopar escrituras moi anteriores.
Estes oficios consolidáronse mediante dúas disposicións fiscais:
- O Real decreto do 31 de decembro de 1829, coa súa instrución complementaria do 29 de xullo de 1830: os oficios pasan a denominarse “contadorías de hipotecas”, froito da creación do imposto chamado “dereito de hipotecas”, porcentaxe que se cobraba sobre a cantidade estipulada na translación dun dominio. Esta taxa debía aboarse no momento da toma de razón da Contadoría.
- O Real decreto do 15 de xuño de 1845 modifica a súa organización: agora denomínanse “oficinas de rexistro”, dirixidas polos seus antigos oficiais. Este real decreto tamén reorganiza os libros, separándoos por vilas, con distinción entre propiedades rústicas e urbanas; outros para os arrendamentos e os índices correspondentes.
Todos estes libros tiñan que estar foliados e rubricados en todas as follas polo administrador e polo xuíz de primeira instancia do partido.
A Lei hipotecaria do 8 de febreiro de 1861, que crea o Rexistro da Propiedade, suporá a desaparición das contadorías de hipotecas en 1862.
Historia archivística
Os fondos das contadorías de hipotecas da provincia da Coruña ingresan no Arquivo a partir da Orde ministerial do 14 de decembro de 1957.
Alcance e conteúdo
Integran o fondo documental as seguintes series:
- Libros de hipotecas
- Libros de translación de dominio
- Libros índices de fincas
- Libros de arrendos
- Libros de rendementos.
Corresponden aos actuais concellos de:
- Cedeira
- Cerdido
- Mañón
- Ortigueira
- As Pontes de García Rodríguez.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia