O xulgado da vila de Ortigueira contaba cun alcalde maior que entendía en primeira instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno. En 1813 o alcalde pasa a chamarse xuíz de letras de primeira instancia de Ortigueira, nome que manterá ao par de alcalde maior.
Serán as reformas introducidas en 1820 as que instauren o Xulgado de Primeira Instancia de Ortigueira cun xuíz á súa fronte: o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820 divide a provincia en 47 partidos; o do 5 de marzo suprime os xulgados ordinarios ou de primeira instancia do foro ordinario e conserva unicamente os de cabeza de partido.
Investido desta autoridade pola Orde do 13 de abril de 1820 da Suprema Xunta de Goberno de Galicia, este xuíz convoca os responsables das antigas demarcacións, agora encadradas no seu partido, e comunícalles o seu cesamento e a entrega da súa xurisdición.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Ortigueira).
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
A chegada destes documentos ao Xulgado de Ferrol explícase no expediente de execución do Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820 (5143/12). O novo decreto establecía a obriga de construír ou dedicar unha peza para arquivo na capital cabeza de partido; nesa peza debíanse gardar todos os procesos civís e criminais correspondentes ás vilas, xurisdicións e coutos indicados, ademais dos protocolos dos escribáns que falecesen no seu distrito, con formal lista duns e doutros, con expresión do seu estado e foliación (fol. 3). O decreto tamén dispuña, no seu artigo 11 (fol. 6), que unha vez que o xuíz tomase posesión do seu cargo, debía obrigar os escribáns a entregar no xulgado os procesos civís e criminais do seu partido; e os que pertencesen a outro, ao xulgado correspondente.
O 23 de abril de 1820 entrégase ao partido de Ferrol a xurisdición de determinadas parroquias que antes pertencían á demarcación de Cedeira: San Pedro de Loira, Santiago de Pantín, San Martiño de Vilarrube, Santa María de Bardaos e San Xoán de Moeche; o resto entrégase ao partido de Ortigueira. É posible que nesta entrega ou na de 1834, procedente das xurisdicións de Cedeira e Moeche, chegase mesturada a Ferrol documentación pertencente ao partido de Ortigueira.
Alcance e conteúdo
Este fondo conta coas series seguintes: Causas, Expedientes de partillas, Expedientes de solicitude e Preitos.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de GaliciaAudiencia Territorial de GaliciaReal Intendencia de GaliciaXulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de FerrolSubdelegación de Rendas de FerrolXulgado de Guerra e MariñaDocumentación notarialReal Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de Ferrol, Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado de Guerra e Mariña, Documentación notarial
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia