Expediente informativo sobre a conduta moral e político-social da xunta directiva da Sociedad de Ganado Vacuno de Rañobre, San Tirso de Oseiro, Arteixo
Fecha de creación
1942-12-30. Rañobre (Arteixo) / 1943-03-29. A Coruña
Fecha de acumulación
1942-12-30. Rañobre (Arteixo) / 1943-03-29. A Coruña
A orde pública, unha das competencias típicas e máis destacadas do Goberno Civil ao longo da súa historia, aparece por primeira vez organizada para o período que nos ocupa no Negociado de Orde Pública, da Sección de Goberno e Réxime Interior (consonte a Orde do 24 de xuño de 1961).
No Real decreto 2669/1977, do 15 de outubro, o nome cambia polo máis acorde cos tempos de “Dereitos Cidadáns”, e despréndese daquelas competencias que pasarán a unha nova subsección de Autorizacións Administrativas, que viña xestionando esta subsección. Na Orde de desenvolvemento do 13 de decembro de 1977 estrutúrase esta sección, que depende da Vicesecretaría Xeral.
O Estatuto dos gobernadores civís de 1980 establece entre as súas facultades as seguintes: velar polo exercicio de dereitos e liberdades públicas; garantir o principio de legalidade e seguridade xurídica, ademais de manter a orde pública; exercer a xefatura dos corpos e forzas de seguridade do Estado e exercer a facultade sancionadora. Pero todo iso dentro do marco da Constitución de 1978, que matiza e cobre de garantías unha serie de cuestións que na época franquista proporcionaban ao Gobernador un poder enorme nestas materias.
A Orde do 25 de xuño de 1982 vincula estas competencias á Vicesecretaría, e dentro desta á sección de Dereitos Cidadáns, excepto o relativo á vixilancia xurada, que depende de Autorizacións Administrativas, no negociado de Seguridade Cidadá .
XUNTA PROVINCIAL DE ORDE PÚBLICA / SEGURIDADE: Ignoramos a data de creación desta Xunta, xa que na documentación só encontramos referencias a unha orde comunicada do Ministerio da Gobernación, do 27 de xullo de 1968, sobre a creación na provincia da Xunta de Orde Pública; mais non se puido localizar. Cambia de nome, pero non de funcións, coa reorganización dos Gobernos Civís do ano 1982. Forman parte desta xunta o gobernador civil que a preside, o secretario xeral, que actúa como secretario da Xunta, e representantes da Policía e da Garda Civil. Entre as súas funcións e labores destacan: planificar a seguridade cidadá a longo prazo mediante a elaboración de plans provinciais ou sectoriais; programar actuacións semanais, mensuais ou trimestrais; formar os membros da propia Xunta mais aquelas persoas que estimasen necesario.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e conteúdo
Expedientes que poñen en coñecemento do Goberno civil a información sobre a conduta moral e político-social de membros das directivas de asociacións.
Ate o momento, expedientes de asociación de carácter agrícola-gandeiro fundamentalmente.
O expediente tipo consta de:
- certificado da acta de elección das xuntas directivas.
- oficio de remisión deste documento por parte dos concellos ao Goberno Civil.
- oficios do Goberno Civil á as comandancias da Garda Civil, ou comisarías da Policía, aos alcaldes e a Xefatura Provincial de Falange, nos que solicita informes sobre as persoas alixidas.
- Oficio do concello correspondente no que informa sobre as persoas elixidas.
- oficio dos corpos de seguridade informando sobre o asunto solicitado
- Oficio de remisión de Falange no que remite os informes individualizados de cada un dos elixidos.
- Informes individualizados realizados polo Servizo Nacional de Información e Investigación de Falange. Delegación Provincial
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.