Dentro do novo Imposto de utilidades creado pola Lei do 27 de marzo de 1900, a "tarifa 3ª" dedicábase aos rendementos das sociedades. A reforma deste Imposto de Utilidades pola Lei do 22 de setembro de 1922 aclarou aínda máis que o suxeito deste imposto eran os beneficios obtidos por sociedades e empresas. A estes engadíronse, por Lei de 16 de decembro de 1940, os beneficios de comerciantes e industriais individuais.
A Lei do 26 de decembro de 1957 sustitúe a "tarifa 3ª" do Imposto de Utilidades polo novo Imposto sobre Sociedades, excluíndo os empresarios individuais, que tributarán exclusivamente polo Imposto Industrial. A Lei 41/1964 concíbeo coma un imposto único, de modo que os demais impostos que afectaban ao mesmo obxecto serán considerados a conta deste. Finalmente, a Lei 61/1978 suprime os impostos "a conta", integrándoos no de Sociedades.
Grava os rendementos do capital e do traballo.
Tarifa 1ª: Utilidades procedentes do traballo persoal.
Tarifa 2ª: Utilidades procedentes do capital (intereses, dividendos...).
Tarifa 3ª: Utilidades procedentes do traballo xuntamente co capital no exercicio industrial.
Os tres impostos que o substitúen en 1957 correspóndense con esas tarifas e conceptos:
Imposto sobre o Rendemento do Traballo persoal (IRPT),
Imposto sobre as Rendas e o Capital,
Imposto sobre a Renda das Sociedades.
A documentación da Intendencia provincial e logo da Administración económica provincial permaneceu no edificio da antiga Intendencia de Galicia, que segundo unha memoria presentada por Andrés Martínez Salazar, ocupaba a mellor parte do edificio ata que as autoridades militares se fixeron con el, relegando esta documentación ao sotos húmidos, onde a arroxaron toda sen nengún tipo de consideración. Na mesma memoria indica que o delegado, enterado de que a Deputación provincial dispoñía dunha casa libre, solicita o traslado a ese espazo duns 725 legaxos de papeis e libros de propiedades e dereitos do Estado e libros procedentes de varias bilbiotecas de conventos da provincia; aquí conservouse ata o seu traslado ao arquivo. Esta situación de abandono explica o mal estado de parte da documentación conservada
O fondo da Delegación Especial ingresou directamente desde o organismo remitente. Unha parte achábase na súa sede, na rúa Comandante Fontanes da Coruña; outra, recibida nas últimas transferencias, estaba depositada nunha nave na Travesía de Orillamar.
Alcance e conteúdo
Enderezo: Rúa Caballeros nº 120. A Coruña.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso restrinxido de acordo coa normativa de aplicación.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: A serie continúa no 4.13. IRTP, "Declaracións xuradas de soldos"
Este fondo atópase en proceso de organización e descrición, polo que o cadro de clasificación e as súas seccións, subseccións e series, coas súas datas e volume, poden sufrir modificacións.
As seccións, subseccións e series coas súas datas e volumes refírense á documentación xa organizada e descrita.
Nota al área de identificación
Das 29 unidades de instalación, 3 áchanse descritas ao nivel de fracción de serie e outras 26 ao de unidade documental (e conteñen 3063 expedientes).