José Pasín Romero, nado en Santiago de Compostela no 1878 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1960.
Foi un sindicalista e político galego, sendo o primeiro concelleiro obreiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1909. Tamén organizou sociedades de distintas profesións, culminando na "Federación de Obreros y Agricultores de Santiago y pueblos comarcanos".
Na súa vida personal casou con Luisa Noya Martínez e foi pai de Marcelino, Modesto, Luis, Laura, Flora, Palmiro e Florentino. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, varios falanxistas trataron de detelo, e estivo fuxido durante tres anos polas aldeas dos arredores. Dous dous seus fillos foron asasinados (Marcelino e Modesto).
Historia archivística
O fondo documental de José Pasín Romero forma parte do Arquivo da Fundación 10 de marzo, grazas á doazón do seu neto, Luis Pasín Liñares.
Alcance e conteúdo
Copia simple dunha carta manuscrita que envía Luciano Torres a Julio Diamante en nome de Raimundo López Pol e José Pasín Romero, alcalde e tenente alcalde respectivamente, para que lles axude nun asunto relacionado cunha visita a unha finca.