Juan da Veiga, escudeiro do mariscal e veciño de Santiago, outorga testamento en favor, entre outros, de Alfonso Galos, ao que deixa o lugar de Gonselle.
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
É un traslado outorgado en Noia o 16 de outubro de 1479 doutra escritura outorgada en Benavente o 25 de agosto dese ano.