Venda de Vasco García, morador en Monterrei, como testamentario de Martiño Rodríguez, escudero, a Xoán de Vilar e á súa muller, Tareixa González, e a Xoán Yáñez e á súa muller, María Rodríguez, moradores en Vilar de Guimarei, de todas as casas e herdades en Santa María de Bóveda, por catrocentos cincuenta marabedís
Fecha de creación
1393-05-06
Nivel de descripción
Unidade documental
Volumen y soporte de la unidad de descripción
1 Pergameo(s)
185 x 148 mm.
Historia y alcance
Historia institucional/Reseña biográfica
A parroquia é unha organización fundamental na historia da comunidade galega como entidade relixiosa, administrativa e fiscal. Esta división territorial da Igrexa defínese coma o territorio dunha diocese que está baixo a dirección dun párroco. Pero a súa funcionalidade vai máis alá do espiritual, especialmente no eido rural, pois o clero encargado da parroquia actuaba como mediador entre a comunidade parroquial e a administración civil e relixiosa. Os párrocos participaban nos actos máis trascendentais da vida dos individuos (bautismo, matrimonio e morte) e a partir do Concilio de Trento -desde 1563-, estes actos teñen que quedar rexistrados nos libros de actas sacramentais. Así, a parroquia como entidade relixiosa produce unhas das fontes principais para o coñecemento histórico, os libros parroquiais. Estes libros poden ser de varios tipos: sacramentais, onde se rexistran bautismos, confirmacións, matrimonios e defuncións; pastorais, que recollen as visitas pastorais, cartas dos bispos, constitucións sinodiais, etc; administrativos, nos que se anotan contas de fábrica, dezmos, inventarios de bens, dereitos parroquiais, fundacións pías, etc; e, por último, os libros litúrxicos, que recollen misais, rituais, breviarios, cantorais, etc. A parrroquia de Santa María de Bóveda, situada no concello de Vilar de Barrio, pertence ao arciprestado da Limia.
Historia archivística
Non se coñece a procedencia deste fondo nin a súa data de ingreso no arquivo.