O Decreto do 16 de decembro de 1950, texto articulado da Lei de réxime local [Tít. IV, art. 354-360] crea o Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais (SNIACL) , consonte o establecido na Lei de bases do réxime local de 1945. Este órgano consta cun Servizo Central e outros provinciais dependentes del; á fronte deles estarán, respectivamente, o xefe superior do Servizo Central (desempeñado polo director xeral de Administración Local do Ministerio da Gobernación / do Interior) e os xefes provinciais.
O Decreto do 24 de xuño de 1955, que aproba o texto articulado e refundido da Lei de bases do réxime local, establece no seu artigo 356.6 que “as xefaturas provinciais, baixo a superior autoridade do Goberno civil, dependerán do Servizo Central”. As funcións básicas dos servizos provinciais, que se corresponden cos nomes das súas seccións, son:
1. Asesoramento e inspección.
2. Económico- administrativo.
3. Recollida de datos estatísticos de corporacións locais (a partir da Orde do 21-2-1962).
Aínda que correspondía aos gobernadores civís a xefatura da Administración local en cadansúas provincias , as visitas que ordenaba debían ser realizadas polos servizos provinciais do SNIACL. Este, por tanto, era un instrumento de control do Estado sobre as corporacións locais.
Cando a través do Real decreto lei 34/77, do 2 de xuño, se crea a Comisión Nacional (e as provinciais) de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, os xefes provinciais intégranse nela como membros con voz pero sen voto. Na súa disposición final segunda establece que “os servizos provinciais de inspección e asesoramento das corporacións locais intégranse no Goberno Civil, pasando a constituír as súas unidades básicas de Administración local”. Xa que logo, esta orde senta as bases da UBAL.
Mediante o Real decreto 708/79, do 5 abril, créase o Ministerio de Administración Territorial, que asume as unidades e competencias da Dirección Xeral de Administración Local (pasa do Ministerio do Interior a estoutro).
O Real decreto 999/79, do 27 de abril, de estrutura do novo ministerio, establece unha dobre dependencia das unidades básicas da Administración local: por unha banda, intégranse organicamente nos gobernos civís; por outra, dependen funcionalmente do Ministerio de Administración Territorial.
A actividade que desenvolveu a UBAL centrouse en dous aspectos: recoller os datos estatísticos das corporacións locais e coordinar e inspeccionar a súa actividade financeira.
Durante estes anos prodúcese unha perda de competencias e funcións dos órganos periféricos do Ministerio de Administración Territorial en materia local. Deste xeito, a curta vida da UBAL explicaríase polo feito se xurdir nesta época de transición e reordenación da Administración.
O Real decreto 136/82, do 1 de febreiro, crea l¡as Direccións Provinciais de Administración Territorial, integradas polas Unidades Básicas de Administración Local e as seccións de Administración Local dos gobernos civís que exercían funcións de información, estatística e colaboración coas entidades locais.
Unha orde conxunta do Ministerio de Administración Territorial e do Ministerio do Interior, do 29 de marzo de 1982, que establece a nova estrutura dos servizos periféricos da Administración central, establece a estrutura das novas direccións provinciais de Administración territorial, con nivel orgánico de sección e con dous negociados (Estatísticas de Entidades Locais e Cooperación Territorial). Hai unha continuidade respecto á UBAL. As novas direccións provinciais de Administración territorial seguen a ter unha dobre dependencia: orgánica, respecto ao gobernador civil, e funcional, respecto ao Ministerio de Administración Territorial.
O Real decreto 490/86, do 21 de febreiro, suprime as direccións provinciais do Ministerio de Administración Territorial (do mesmo xeito que as dos restantes ministerios). As súas funcións pasan a ser exercidas polas unidades administrativas que se encadran organicamente nos gobernos civís e funcionalmente nos ministerios.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e conteúdo
Só contén oficio do delegado civil de Buxán ao gobernador civil no que lle comunica circunstancias do anterior delegado civil e o que afecta á constitución da comisión xestora
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Véxanse as fraccións de serie correspondentes en: Período 1941-1961: 2.2. NEGOCIADO DE ADMINISTRACIÓN LOCAL - Fichas sobre composición das corporacións locais - Informe sobre composición de corporacións municipais elaborado por FET-XONS. Período 1961-1977: 2.1.4. NEGOCIADO DE ADMINISTRACIÓN LOCAL- Fichas de composición de corporacións locais
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.