Esta Xunta ten o labor de orientación xeral e de coordinación atribuído no ámbito nacional ao Consello Superior de Beneficencia e Obras Asistenciais. Así mesmo, correspóndelle promover, orientar e coordinar as iniciativas que se desenvolvan no campo benéfico-asistencial. A Xunta poderá delegar nunha comisión permanente as funcións que considere oportunas. Está presidida polo gobernador civil. A partir de 1968 denominarase Xunta Provincial de Asistencia Social, en virtude do Decreto 246/1968 do 15 de febreiro, polo que se crean as xuntas provinciais de Asistencia Social con idénticas funcións que a extinguida Xunta Provincial de Beneficencia.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e conteúdo
Solicitude – Oficio do gobernador civil ao alcalde de Muros co que lle comunica necesidade de precisar destino e lazos familiares.- Notificación do alcalde de Muros a José Ballesta no que lle informa das peticións do gobernador civil – Oficio do alcalde de Muros ao gobernador civil no que lle comunica dilixencia acreditativa de ter entregado duplicado a José Ballesta Serrano
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Véxanse as fraccións de serie correspondentes en: Período ata 1941: 2.5. BENEFICENCIA E SANIDADE. Período 1961-1977: 2.1.6. NEGOCIADO DE BENEFICENCIA. 2.4.1. SECRETARÍA DA XUNTA PROVINCIAL DE ASISTENCIA SOCIAL.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.