Oficio do negociado de Orde Pública do Goberno Civil para o delegado provincial de Traballo no que informa, entre outros aspectos, o seu nomeamento como delegado da súa autoridade en relación co contacto cos repatriados de Rusia
No mes de marzo de 1957 constitúese a Comisión Coordinadora de Repatriados de Rusia (CCR), para integrar na vida española a estas persoas retornadas.
Estaría composta por:
- presidente: subsecretario da Gobernación.
- presidente delegado: o director xeral de Beneficencia.
- vogais: representantes dos ministerios de Asuntos Exteriores, Exército, Traballo, Direrección Xeral de Seguridade e delegado nacional de Sindicatos.
- secretario: Sección de Beneficencia Xeral.
Nas provincias, que tiveran un determinado volume de repatriados, poderían constituírse comisións provinciais, que estarían constiuírse comisións provinciais, presididas polo gobernador civil e os xefes dos departamentos ministeriais mencionados anteriormente.
Tamén deberían designarse nas provincias un delegado do goberno civil ou da xunta. Suxírese que fora o delegado de Traballo, como sucedeu na Coruña, desde o 7 de xuño de 1957.
Esta comisión disolveuse en marzo de 1960.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e conteúdo
Esta subsección ofrece abundante información sobre aspectos tan importantes e delicados da vida pública como é a orde pública e os dereitos cidadáns desde o tardofranquismo ata a actualidade, pasando pola época da Transición. Podemos destacar dentro desta subsección os apartados de asociacións, con información desde 1969; o de estranxeiros, que reúne información sobre os diferentes permisos de estancia, residencia, etc.; o de manifestacións e reunións, con información sobre a celebración de manifestacións, reunións e folgas. Na subsección de Policía de Orde Pública - Seguridade, destacan series como as relativas á vixilancia privada: Expedientes persoais de vixilantes xurados, Expedientes de autorización: vixilancia privada, ou Expedientes de remisión de contratos de arrendamento de servizos de vixilancia e transporte. Dentro deste apartado tamén destacan as series de Partes informativos da Garda Civil e da Policia, a través dos que as diferentes comandancias, postos, etc., comunican ao Goberno Civil todas as actuacións levadas a cabo polas forzas da orde pública. Finalmente mencionar dentro desta subsección un apartado que fai referencia á facultade sancionadora do Goberno Civil, facultade que queda reflectida a través de dúas series: Expedientes de sancións e o paso previo, que son os expedientes de denuncias.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.