A orde pública, unha das competencias típicas e máis destacadas do Goberno Civil ao longo da súa historia, aparece por primeira vez organizada para o período que nos ocupa no Negociado de Orde Pública, da Sección de Goberno e Réxime Interior (consonte a Orde do 24 de xuño de 1961).
No Real decreto 2669/1977, do 15 de outubro, o nome cambia polo máis acorde cos tempos de “Dereitos Cidadáns”, e despréndese daquelas competencias que pasarán a unha nova subsección de Autorizacións Administrativas, que viña xestionando esta subsección. Na Orde de desenvolvemento do 13 de decembro de 1977 estrutúrase esta sección, que depende da Vicesecretaría Xeral.
O Estatuto dos gobernadores civís de 1980 establece entre as súas facultades as seguintes: velar polo exercicio de dereitos e liberdades públicas; garantir o principio de legalidade e seguridade xurídica, ademais de manter a orde pública; exercer a xefatura dos corpos e forzas de seguridade do Estado e exercer a facultade sancionadora. Pero todo iso dentro do marco da Constitución de 1978, que matiza e cobre de garantías unha serie de cuestións que na época franquista proporcionaban ao Gobernador un poder enorme nestas materias.
A Orde do 25 de xuño de 1982 vincula estas competencias á Vicesecretaría, e dentro desta á sección de Dereitos Cidadáns, excepto o relativo á vixilancia xurada, que depende de Autorizacións Administrativas, no negociado de Seguridade Cidadá .
XUNTA PROVINCIAL DE ORDE PÚBLICA / SEGURIDADE: Ignoramos a data de creación desta Xunta, xa que na documentación só encontramos referencias a unha orde comunicada do Ministerio da Gobernación, do 27 de xullo de 1968, sobre a creación na provincia da Xunta de Orde Pública; mais non se puido localizar. Cambia de nome, pero non de funcións, coa reorganización dos Gobernos Civís do ano 1982. Forman parte desta xunta o gobernador civil que a preside, o secretario xeral, que actúa como secretario da Xunta, e representantes da Policía e da Garda Civil. Entre as súas funcións e labores destacan: planificar a seguridade cidadá a longo prazo mediante a elaboración de plans provinciais ou sectoriais; programar actuacións semanais, mensuais ou trimestrais; formar os membros da propia Xunta mais aquelas persoas que estimasen necesario.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e conteúdo
Correspondencia de entrada e saída fundamentalmente entre o Goberno Civil e o Ministerio do Interior, Dirección Xeral de Política Interior, Rexistro Xeral de Asociacións, sobre informacións das asociacións da provincia. Pero tamén con outras institucións ou persoas físicas ou xurídicas para os asentos nos respectivos rexistros, tanto do Goberno Civil como do Ministerio do Interior / da Gobernación.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Véxanse as fraccións de serie correspondentes en: Período 1961-1977: 2.2.1. NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAIS. Período 1977-1982: 2.1.2.1. REXISTRO PROVINCIAL DE ASOCIACIÓNS 2.1.2.2. RÉXIME ASOCIATIVO XERAL.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.