O Padroado Real para a represión da trata de brancas, chamado posteriormente Padroado de Protección á Muller, créase en 1902, organizándose despois polo Decreto do 6 de novembro de 1941, mediante xuntas locais e provinciais e dependendo do Ministerio de Xustiza. A súa finalidade era a de dignificar moralmente a muller, impedir a súa explotación, apartándoas do vicio e educalas seguindo as ensinanzas da relixión católica.
A Xunta Provincial de Pontevedra constitúese o 19 de febreiro de 1943, sendo o seu presidente o gobernador civil e os seus membros designados polo Ministerio de Xustiza.
Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas nos anos oitenta pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas a defensa, a protección e o desenvolvemento da muller pola Consellería de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado.
Historia archivística
A documentación sobre este fondo transfiriuse a este Arquivo desde a Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Servizos Sociais, con sede en Vigo, no ano 1993 pero, por mor das obras de remodelación do edificio do arquivo, a súa intervención arquivística pospúxose ata 1994. A documentación chegou en bo estado xunto coa da Xunta Provincial de Protección de Menores, posto que as súas competencias foron transferidas de vez á Xunta de Galicia e asumidas pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais.
Alcance e conteúdo
Esta sección ten tres series que achegan información sobre a xestión dos asuntos propios da institución e control dos seus recursos humanos e materiais, como é a abundante correspondencia, os expedientes de persoal ou o rexistro de bens da institución.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.