As primeiras noticias existentes acerca da instalación dun cárcere no mosteiro de San Salvador de Celanova datan de tan só dez días despois do inicio da Guerra Civil, cando o xornal La Región publicaba, o 27 de xullo de 1936, a noticia de que no cárcere de partido da vila de Celanova ingresaran 13 mulleres comunistas procedentes da capital, ademais de sinalar que o antigo mosteiro de San Salvador de Celanova fora rehabilitado para acoller a aqueles presos que “non caben” na Prisión Provincial. A partir deste intre a cronoloxía deste novo centro penitenciario estará marcada por tres períodos diferenciados: o primeiro como prisión local, despois como un anexo da Provincial e, por último, como prisión central plenamente autónoma.
Nun primeiro momento a súa función reduciríase a acoller aqueles presos que eran produto das detencións levadas a cabo na comarca e nos seus arredores. Con todo, xa nos primeiros días de agosto este centro transformarase en prisión habilitada, acollendo a aqueles presos que, dado o volume alcanzado pola represión franquista na provincia, non tiñan cabida na Prisión Provincial.
O forte incremento no número de reclusos que experimenta a prisión de Celanova a partir de comezos de 1938 probablemente respondese á intención de cambiar a súa clasificación penal, converténdoa nun centro de reclusión para presos políticos. O cambio prodúcese en maio dese mesmo ano cando o xefe do Servizo Nacional de Prisións notifica ao director da Prisión Provincial o acordo tomado para transformar o Mosteiro de Celanova en Prisión Central. A partir deste intre funcionará como unha prisión plenamente autónoma, que terá como función acoller unicamente a presos políticos, acusados de rebelión militar e xulgados por un tribunal militar, aínda que existe constancia de que nesta prisión tamén tiveron cabida os presos comúns. A ela chegarán presos de distintas procedencias, tanto doutras cidades galegas como de poboacións do norte de España. Na súa transformación como prisión autónoma debeu xogar un papel importante a súa localización, unha pequena vila do interior da provincia de Ourense, na retagarda da zona nacionalista, e o feito de contar cun edificio con capacidade para albergar ata 1500 reclusos. A estas razóns debemos sumar a súa proximidade a Asturias, o Goberno Militar de Oviedo ordenou o traslado duns 4000 presos procedentes de cárceres asturianos durante os seis anos nos que o mosteiro de San Salvador de Celanova actuou como prisión central, co que se contribuía a aliviar a concentración de internos que se estaba producindo nos centros de Xixón e Oviedo.
Con todo, o progresivo descenso do número de reclusos nos primeiros anos da década dos 40 levou a que se decidise o seu peche. O 2 de setembro de 1943 un oficio da Dirección Xeral de Prisións comunica o acordo de proceder ao peche da Prisión Central de Celanova. Os reclusos serán distribuídos entre a Prisión Central de Burgos, a Prisión de Santa Isabel de Santiago, a Prisión Central de Xixón e a Provincial de Ourense.
Desde que, a finais de setembro de 1943, a prisión pechará as súas portas foron varios os usos que se deron a este espazo, na actualidade é a sede do Concello de Celanova, da Policía local, do Instituto de Ensino Secundario de Celanova e de varias institucións culturais e asociacións locais.
Historia archivística
A serie xérase na Prisión Central de Celanova e ao pecharse este centro, a documentación pasa á Prisión Provincial de Ourense, onde algúns reclusos continúan a súa condena. En 1987 a Prisión Provincial de Ourense trasládase a un novo edificio construído para tal efecto no municipio do Pereiro de Aguiar e nese traslado inclúense os expedientes persoais dos internos que permanecerán no arquivo deste novo centro penal ata a súa transferencia ao Arquivo Histórico Provincial. Polo ditame 34/2010 (28/09/2010) da Comisión Superior Cualificadora de Documentos Administrativos, aprobado mediante a Resolución de 28/02/2011 (BOE do 30 de marzo de 2011) a serie de Expedientes persoais de internos en centros penais ([1834]-1979) é declarada de conservación permanente
Alcance e conteúdo
De profesión labrador, natural e veciño de Farnadeiros, O Corgo (Lugo), data de nacemento 20/05/1916.
Copia o expediente dende 1938.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A difusión das imaxes dixitais deste fondo documental foi autorizada polo titular dos dereitos baixo a licenza: CC BY-NC-ND 4.0 Deed . Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional. Polo tanto,
Vostede é libre de:
• Compartir: copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato
Baixo as seguintes condicións:
• Recoñecemento: Debe recoñecer adecuadamente a autoría, proporcionar un enlace á licenza e indicar se se fixeron cambios.
• Non Comercial: Non pode utilizar o material para unha finalidade comercial.
• SenObraDerivada — Se remestura, transforma ou crea a partir do material, non pode difundir o material modificado.
• Non hai restricións adicionais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución está suxeta ao establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Limítase a reprodución daqueles documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Mecanografada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Expediente de responsabilidade política nº 10/1938 de Antonio Somoza López Localización (Código de archivo): ES.GA.27028.AHPLU/1.1.5.1.XRPL.2.1.092406-01. Código/s de referencia/signaturas: Caixa 092406-01 Galiciana. Arquivo Histórico Provincial de Lugo.