No verso, varias referencias: nº 87 (e ao seu lado o nº 1946 riscado); 5del1º; Número 149
Título
Álvaro de Compostela, ouvenzal da granxa de Brión e procurador do mosteiro de Santa María de Sobrado, afora a Maior Pérez, muller que foi de Juan Rodríguez de Barallobre, unha peza para construir unha casa e a viña vella que está na Chousa Grande
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.