O convento de Santa Clara de Pontevedra afora a Pedro de Sayoane e á súa muller Inés Rodríguez unha chousa de herdade preto do río das Leitugas en renda de 8 marabedís da moeda vella polo día de San Miguel e a metade do décimo "que labredes da novidade que Deus der", por tres voces (incluída a súa) e vintenove anos máis.
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Escribán: Fernán Peres, notario público xurado da vila de Pontevedra.