Gómez Rodríguez, coengo de Santiago de Compostela que actúa en nome do vicario xeral Gonzalo de Ribeira, concede ao presbítero García Gómez o beneficio da igrexa de San Martíño de Cabrui
Fecha de creación
1400-08-01 / 1400-08-01. 1400, agosto, [s.d.]. Santiago de Compostela
Fecha de acumulación
1400-08-01 / 1400-08-01. 1400, agosto, [s.d.]. Santiago de Compostela
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.