Francisco Díez de Mercado, como administrador xeral do Hospital Real de Santiago, afora a Fernán Ares de Rubián, morador en Vilanova de Moreda, o lugar do Campo en San Lázaro de Monforte, o lugar de San Mamede na freguesía de Fiolleda, e o souto de Sesnande, xunto con outras propiedades en Santalla de Toiriz e San Vicenzo de Castillón, por catro voces e seis reais de plata e tres canados de viño de renda.
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Inicial afiligranada.
No verso inclúe unha escritura de aceptación de sucesión no foro por parte do administrador Pedro de León en favor de María Viciosa, como beneficiaria do testamento de Rui López Saco. 30-08-1532.