Nace Andrés Martínez Salazar o 8 de febreiro de 1846 en Astorga e morre o 6 de outubro de 1923 na Coruña. Estuda primeiramente no Seminario de Astorga. O bachalerato faino en León logo estudia en Oviedo e Madrid graduandose en Diplomática, e ingresa no Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. O primeiro destino é, aos 19 anos, no arquivo do Ministerio de Gobernación onde pasa 4 anos, despois pasa 5 anos no Archivo General Central de Alcalá de Henares. En 1871 solicita o traslado a Galicia e ao ano seguinte é destinado ao Arquivo Regional de Galicia, baixo as ordes de M. Murguía que era o director.
Casa na Coruña con Petra Morás Suevos coa que tivo 19 fillos e queda xa definitivamente vinculado á cidade.
Arquiveiro, investigador e editor foi un dos grandes impulsores da cultura galega. No seu labor como editor é de destacar a fundación da Biblioteca Galega, a creación -e dirección- da revista Galicia Revista Regional. Monta tamén a Librería Regional, que será coñecida máis tarde como “A Cova Celtica”.
Entre os seus múltiples cargos pódense citar: Presidente da RAG e da Asociación de Prensa da Coruña, membro da Academia de Belas Artes, da Comisión Provincial de Monumentos de Coruña, da Sociedad Económica de Amigos del Pais e do Ateneo León XIII de Santiago, da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, das Reales Academias de Historia y de la Lengua, do Instituto Histórico de Miño e foi, ademais, o primeiro Cronista Oficial de Coruña.
Historia archivística
Fondo formado na RAG a partir de documentación miscelanea de Andres Martínez Salazar
Alcance e conteúdo
Varias páxinas de diferentes versións da obra coñecida como "De medicamentis equorum" ou "De morbis equorum" de Giordano Ruffo de Calabria. 1 e 2. Texto latino do século XIII, custodiado na Biblioteca Nacional de Nápoles. No reverso: "Códice VIII. D. 67 bis. 1ª página" e "Códice VIII. D 67 bis. Pág. 24 ®". 3 Dúas páxinas doutra versión do mesmo texto en latín, de diferente época, custodiado na Biblioteca Nacional de Nápoles. No reverso "Códice VIII D. 67. 1ª pág. (r.)" e "Códice VIII. D. 67 Ultima pág". 4 e 5 Dúas páxinas do mesmo texto en italiano. No reverso "Códice VIII. D. 67 bis. Pág. 25 (r.)" e "Códice VIII. D. 67 bis. Pág. 64 (v)".
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: L-4-81
L-4-82
L-4-83
L-4-84
L-4-85
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Hai maís documentación de Andrés Martínez Salazar no fondo: Familia Martíne z Morás.
No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse o seguinte fondo relacio nado:
- Andrés Martínez Salazar
No Arquivo Municipal da Coruña atópase tamén documentación de Andrés Martínez Salazar.
Notas
Nota general
Ver: Domínguez Fontela, Juan "Códice de Albeitería de Jordán Rubio de Calabria. Traducción gallega del siglo XIV. Prefacio y Transcripcion Crítica, con un fotograbado reproducción del folio 5 r.º" en Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense. nº 238 Tomo XI, xan-feb de 1938.