Ezequiel Abente Lago naceu en Muxía. Fillo de Leandro Abente Chans, médico da localidade e de Manuela Lago Díaz.
Despois de estudar Medicina na Universidade de Santiago ingresou como axudante médico no exército, chegando ser xeneral e director do antigo Hospital Militar da Coruña ,o que, en 1996, foi bautizado có seu nome como recoñecemento a súa laboura durante a repatriación dos soldados de Cuba, tras perder a guerra de 1898 cós Estados Unidos de América . Foi un laureado militar polo seu traballo tanto en tempos de guerra como de paz.
Casou en primeiras nupcias con Rafaela Escobar, nacendo desta relación os seus fillos Flora, Elena e Leopoldo Abente Escobar. Máis tarde, contraeu matrimonio con Cristina García de la Torre.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance e conteúdo
Retrato de grupo de escolares cos seus mestres. No primeiro plano no centro unha mesa de braseiro, cuberta cu pano. A cada lado da mesa un crego, o da esquerda cun libro nunha man. A carón de cada crego un neno sentado nunha cadeira, e aos pés destes cadansúa maceta. Por trás deste primeiro grupo, catro nenos de pé. Cada neno leva unha fita de cor crara atada no brazo dereito, e sobre a chaqueta unha especie de condecoración no peito. Detrás do grupo uns soportais.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Moi amarelada. Abundantes depósitos de pó. Beiras superiores algo machacadas.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: M-11-73
Notas
Nota general
O segundo neno pola esquerda da ringleira que posa de pé pertence á familia Abente Lago. Aparece en R. 2450, R. 2505 e R. 2489. Informante : Felipe Valdés Hansen.