No recto: nº 2601No verso: Número 108; nº 29; e 24 del 1º
Título
Álvaro de Compostela, en nome do abade de Sobrado, afora a Juan Martínez e á súa muller, María do Río, unhas casas na Vacariza, o agro de Suavacariza e o da Fontaíña, todos en Santa María de Brión, coa casa que nelas está
Fecha de creación
1402-05-27 / 1402-05-27. 1402, maio, 27. San Lourenzo de Riba de Miño
Fecha de acumulación
1402-05-27 / 1402-05-27. 1402, maio, 27. San Lourenzo de Riba de Miño
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.