No verso, varias referencias: caxón 16; nº 49 (e ao seu lado o nº 2472riscado); Número 122; 2 del 3º
Título
Álvaro de Compostela, ouvenzal da granxa de Brión e procurador do mosteiro de Santa María de Sobrado, afora a Alfonso de Bastida, á súa muller Catalina Afonso e á filla do seu matrimonio con María Bastida, unha peza para construir unha casa e outra de monte na Chousa Vella
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.