Expediente promovido polo Procurador xeral, Manuel Sanz Galban, para averiguar a fundación do Hospital de Caridade, os seus bens e promover o seu restablecimento.
Fecha de creación
1766-01-31 / 1767-01-19. 1766, enero, 31 a 1767, enero, 19
Fecha de acumulación
1766-12-05 / 1767-01-19. 1766, diciembre, 5 a 1767, enero, 19
O Hospital do Espíritu santo e Nosa señora da boa viaxe nacéu para acoller ós pelengríns a Santiago baixo a advocación do Divino Espíritu Santo, e consta que en 1568 se salvóu do incendio que devastara a Vila. Xa por aquel enton creouse unha irmmandade baixo unhas constitucións aprovadas polo bispo, pero foi decaendo e usóuse para escola pública en 1743 e para aloxamento de tropas en 1752.
Pero unha vez que comeza a construción da nova poboación o número de pobres e enfermos aumenta tan considerablemente que a municipalidade intentóu reconstruir o antigo hospital encargando o seu coidado a unha Xunta de Caridade. Como esto fora insuficiente en 1779 baixo a direción de Dionisio Sánchez Aguiler a se cosntitúe unha Comisión que vai redactar unhas Constitucions que serán aproba das por Real Cédula do Supremo Consello de Castela o 16 de outubro de 1782. O 8 de decembro dese mesmo ano se constituía a Irmandade e reunidos en cabildo xeral, nomearon a Xunta de goberno, na que se nomea ao propio Sánchez Aguilera presidente. O 29 de xuño de 1783 puxose a primeira pedra do novo hospital, e o 30 de maio de 1792 a da súa Igrexa, e vai ir manténdose grazas ás donacións tanto da Mariña como de persoas particulares que fan testamento ó seu favor: dende rendas de terreos e fincas urbanas, intereses de prestamos de diñeiro, donativos e esmolas, beneficios simple no arcebispado de Santiago, pensións do Estado, ate os produtos dos bailes de máscaras (concedidos por R.O. de 20 de decembro de 1834) os ingresos do hospital foron suficintes ate a lei de desamortización que o privóu destes ingresos.
En 1832 por Real orde de 24 de febreiro a Escola pía de nenas pobres fundada polo Comisario de Mariña Alejandro Queipo de Llano se incorpora ao Hospital de Caridade.
Coa public ación da Constitución de 1836 a Xunta municipal de beneficencia tomóu ó seu cargo a administración do hospital, cesando a congregación de Caridade, até que coa nova Lei de Beneficencia de 20 de xuño de 1849 o governador da provincia o declaróu establecimento particular.
En 1852 o concello como patrono intent óu reconstruir a irmandade, e reunidos en cabildo xeral nomearon de novo a Xunta de governo, cesando dende aquel momento a Xunta municipal de beneficencia de encargarse de este establecimento.
Hoxe en día o edificio alberga o Centro Cultural Torrente Ballester.
Historia archivística
Os fondos documentais do Concello de Ferrol foron conservados sempre no edificio da Casa Consistorial, alí onde estivo ubicada. O documento máis antigo do Arquivo é do ano 1376.Consérvase un inventario de mediados do século XIX. O descontrol e destrucción de documentación foi continua no século XX, sendo vendida, inclusive, unha parte do Arquivo de Serantes o 16 de abril de 1982. No ano 1989 créase a praza de arquiveiro municipal e no ano 1990 inaugúrase unha nova etapa, cando se inicia a súa organización. Ten en microfilm algunhas series de documentación histórica. No ano 2002 foi aprobado o seu Regulamento en sesión plenaria de 25 de outubro. Ano a ano introdúcense no Arquivo algunhas melloras pero as instalacións en canto a depósitos documentais son insuficientes para albergar o aumento de volumen documental que produce o crecimento da xestión municipal.
Alcance e conteúdo
Segundo este documento o Hospital antigo estaba xunto á Igrexa antiga na rúa do Castro, e servía de escola pública e de hospedería para pelengríns transeúntes e enfermos pobres.
Neste expediente consta unha copia da escritura de foro outorgada en 5 de decembro de 1737, diante do escribán Pedro López de Santiago, pola que se lle afora a Antonio de la Iglesia a horta que estaba ás costas do Hospital.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre, agás naqueles casos nos que concorran as excepcións ou límites previstos na Constitución e nas leis.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
As limitacións na reproducción de documentos están encamiñadas á protección e conservación dos documentos. En aqueles de acceso restrinxido, ademáis de cumprir o requisito antedito, só poderán ser reproducidos polos interesados ou con o permiso destes.
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: A maior parte da documentación referida a este Hospital atópase no arquivo do actual Hospital Xeral de Ferrol Juan Cardona
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: -Documentación do Hospital da Magdalena. C-920-A
-Documentación de Ig rexas e capelas. C-921-A