Testamento de Roi da Fonte, veciño de Gondomar, feligresía de San Xián de Vea. Lega certas cantidades de diñeiro para comprar ou facer un cáliz, pintar un crucifixo e facer un altar para a igrexa de San Xián de Vea, outras para mandas pías, institue como o seu heredeiro universal ao seu sobriño Xoán de Guendos, lega os bens que pertenecían a súa nai aos parentes máis cercanos a ela e nomea como albaceas a Xoán de Guendos e Gonzalo de Matalobos.
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e conteúdo
Documentos soltos, de orixe público e privado, aínda que predominan os segundos. Os tipos documentais abranguen vendas, foros, sentenzas, pesquisas ou informacións e algún privilexio real entre outros. A súa orixe xeográfica comprende as catro actuais provincias galegas, se ben maioritariamente se concentran na actual provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. A presencia de documentos elaborados fora de Galicia é minoritaria. Existía un grupo de 147 documentos que orixinariamente atopábanse encadernados nun volume, do que se conservan a cuberta e índice formando parte da colección (PLA-04/286)..
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Documento: Galego. Anotación cuberta: Castelán
Escritura:
Letra cortesá e procesal
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Acompaña: Bifolio (320 x 430 mm., sen filigrana) que serviu de cuberta ao documento, ao que estivo cosido, coas seguintes anotacións (l. humanística): - Na cuberta: "Nº 207. Manda". - No interior da cuberta: "Manda de Roy da Fonte, vecino de San Julián de Bea, fecha en 4 de agosto de 1494 años por ante el escribano Francisco González". Onomástica antiga: - Roy da Fonte - Juan de Gendos - Gonçalvo de Matalobos. Toponimia antiga: - Gondomar - San Giaao de Vea - Gendos - Geendos - Santa Vaya de Matalobos Notario: - Francisco Sanches.