A colección comeza co nacemento da “Banda Garrote” que ten a súa orixe en 1866 cando José Mª Garrote Rodríguez (San Román de Montoxo-Cedeira 1838- Landoi-Ortigueira 1916) discípulo de Eduardo de Arana y Fernández , despraza a súa vivenda a Landoi e organiza o primeiro xermolo do que anos máis tarde será a “Banda Garrote”.
A Banda coñecíase co nome “Banda de Landoi”, denominación que permanecerá durante a dirección de seu fillo Manuel Garrote Sánchez (Landoi 1876- A Coruña 1963) que colle a batuta en 1901, o cambio de denominación a “Banda Garrote” será en 1931 ao poñerse ao fronte da dirección Andrés Garrote Armada (Cariño 1911- Ferrol 1993), o fillo de Manuel. En 1959 Andrés deixa a dirección da Banda e lle sucede José Gómez Durán (Senra 1934-2016) ata finais de 1963 que se desfai a Banda Garrote e José Gómez funda a Orquestra “Los Titanes”.
As distintas xeracións da Familia Garrote conservaron e ampliaron este fondo musical.
Historia archivística
Jose María Garrote Rodríguez, director da banda musical Garrote de Ortigueira (1847-1963) é o que comeza esta colección de partituras. Os descendentes, tamén vinculados á Banda, van acrecentando a colección. O bisneto do fundador, Xabier Andrés Garrote Cobelo, que recibe as partituras en herdanza, organiza, describe e clasifica a colección e ofrece unha copia dixital á Real Academia Galega.
Alcance e conteúdo
Partitura para piano e partichelas manuscritas da marcha militar 'Isabel la Católica'
Copista: Juan Rey Lage
Partichelas para: Frauta baixa, Frauta, Oboe, Requinto, Clarinete principal 1º, 2º, 3º, Saxofón alto 1º, 2º, Saxofón tenor 1º, 2º, Saxofón barítono, Flautín 1º, 2º, Trompeta 1ª, 2ª, Trombón 1ª, 2ª, 3ª, Bombardino 1º, 2º, Baixo 1º, 2º, Caixa, Bombo, Pratos, Fagot.