Fábrica de Armas (A Coruña, España). (1937 - 2013)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1937 - 2013
2.2 Historia/Descripción:
A historia da Fábrica de Armas da Coruña naceu no mes de febreiro de 1937, cando en plena Guerra Civil e ante a situación creada en Asturias, expúxose a necesidade de complementar a produción da Fábrica de Oviedo. A este efecto foron instalados na Coruña os elementos de montaxe das pezas de armamento existentes na referida factoría. Inicialmente, para este labor de montaxe utilizouse a planta baixa da actual casa de Correos. En abril de 1937 foron ocupados os grupos escolares “Da Guarda” e “Curros Enríquez”, e construíuse, en terreos do Ministerio do Exército, o grupo de talleres “La Torre”. A importancia que para a cidade tiña un feito como este fixo que desde o Concello se deran as máximas facilidades para conseguir a instalación definitiva do complexo. Así, en setembro de 1938, a Comisión municipal permanente someteu a consideración o expediente sobre cesión definitiva ao Ministerio de Defensa Nacional, dos terreos que o municipio posuía fronte ao Cemiterio, entre as rúas de Orillamar e da Torre. Posteriormente, en maio de 1939 e ante a necesidade operativa de unificar as diversas sedes da Fábrica nun recinto único, expúxose a adquisición dos terreos necesarios situados ás costas da Granxa Agrícola, situada en Lonzas, próxima á nova estación de ferrocarril, cunha extensión de cento vinte mil metros cadrado
Con todo, o trazado da nova vía de ferrocarril Zamora – Coruña motivou que fose descartada esa localización e xurdiu a necesidade de buscar outra. Por esta razón, en febreiro de 1941 a comisión nomeada para a elección de terreos con destino a esta fábrica propuxo a zona situada na estrada xeral de Madrid á Coruña, en Pedralonga
En marzo de 1954 inaugurouse o primeiro pavillón do novo complejo pero non foi até xullo de 1956 cando se celebrou a posta en marcha das instalacións do primeiro taller. Este acto coincidiu coa entrega de 128 vivendas aos obreiros da fábrica, construídas polo Montepío de Productores Civiles del Estado e situadas nas proximidades, en Rio de Quintas, Palavea. A inauguración de todo o conxunto, con toda a pompa e o boato da época, tivo lugar en setembro de 1958.
A partir dos anos 60 continuouse co incremento de dotacións con respecto ao programa inicial, coa construción da zona recreativa ao sur da parcela. Nesa mesma época, a Fábrica de Armas deixou de pertencer ao Ministerio do Exército para formar parte do Instituto Nacional de Industria (INI), como unha das fábricas da Empresa Nacional Santa Bárbara de Industrias Militares e máis tarde á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004