Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (España). (1827 -)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1827
2.2 Historia/Descripción:
A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia naceu por Real Decreto de Fernando VII do 28 de Agosto de 1827, pero non se estableceu ata o 7 de abril de 1831. Dependía, no momento da súa creación e anos subseguintes, da Real Xunta Superior Gobernativa de Medicina e Cirurxía tendo como territorio de actuación Galicia e Asturias. En 1972 creouse a Real Academia de Medicina de Asturias, con sede en Oviedo e atribución sobre todo o Principado, circunstancia que segregou desde entón ese territorio.
O nacemento das academias establecidas polo mencionado Real Decreto de 1827 representou a primeira tentativa seria para organizar, de maneira global, o devir da medicina naquel momento, como demostra a cantidade e calidade das tarefas que lle foron encomendadas: impartir determinados ensinos útiles á ciencia de curar (matemáticas, física experimental, botánica); favorecer os progresos da medicina estimulando a súa investigación; publicar traballos científicos (preferentemente sobre bibliografía médico-cirúrxica, topografía médica, etc. na súa aplicación española) etc.
O territorio asignado á Academia estaba divido en subdelegacións que correspondían aos partidos xudiciais. Delas eran responsables os subdelegados (podía haber ata dous en cada, un para o "ramo de medicina" e outro para o "de cirurxía", que en tempos pasados correspondían a titulacións diferentes) os que tiñan a consideración de académicos agregados. A Academia en Santiago Instalouse nesta cidade o 7 de abril de 1831 e permaneceu nela soamente algo máis de 2 anos pois o 10 de xullo de 1833 trasladouse á Coruña acompañando o traslado en bloque das institucións dependentes da Capitanía Xeral de Galicia.
Ata fins da décimonovena centuria a Academia desempeñou, con notable dilixencia e eficacia, as súas amplas competencias pero, no transcurso do século XX foi perdendo, paulatinamente, varias das súas atribucións. Debeuse a dúas causas fundamentais: a acción paralela doutros organismos, novos ou reestruturados, que absorberon tales funcións, casos dos colexios médicos, sanidade gobernamental, facultades de medicina etc e ao progreso das ciencias médicas. O 10 de decembro de 1993 un real decreto modificou algúns artigos dos estatutos polos que se rexe a Real Academia Nacional de Medicina aplicables, por extensión, ás reais academias de distrito e, por tanto, á de Galicia. Na súa nova redacción, o artigo 1 enumera, como actuais responsabilidades desas Corporacións, as seguintes: informar o Goberno de todos aqueles asuntos que se relacionan coa medicina e a sanidade pública; emitir ditame nas consultas referentes a cuestións de medicina forense así como nos preitos de honorarios médicos, farmacéuticos e veterinarios entre outras.