Naceu en 1882. Fillo de José Ortega Munilla e de Dolores Gasset Chinchilla, irmán maior do filósofo José Ortega y Gasset e de Manuel Ortega y Gasset; neto de Eduardo Gasset Artime. casou con María Chinchilla Domínguez en Marbella (Málaga) en 1907 e o matrimonio divorciouse en 1933.
Durante a ditadura de Primo de Rivera exiliouse en Francia e alí, en Hendaia, xunto a Miguel de Unamuno dirixiu a publicación clandestina Hojas Libres, contraria á ditadura. Tras a caída de Primo de Rivera puido regresar a España. Asinou o Pacto de San Sebastián e participou na Sublevación de Jaca. Ao proclamarse a II República foi nomeado gobernador civil de Madrid. Tras o triunfo da Fronte Popular en 1936, foi nomeado Fiscal Xeral da II República, cargo do que dimitiu en novembro de 1937. Tras o final da Guerra Civil marchouse ao exilio a París, logo a Cuba e por último a Venezuela, onde faleceu.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Madrid Lugar de fallecimiento: Caracas España
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004