Patronato de La Caridad (A Coruña, España). (1918 -)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1918
2.2 Historia/Descripción:
O Patronato de la Caridad da Coruña nace no ano 1918 dirixido, nas xestións económicas e relacións institucionais, polo Goberno Civil, o concello, a Deputación Provincial e, na xestión inmediata e atención diaria polas Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.
Esta Institución xurdiu no ano 1913, cando un grupo de segrares, impulsados polo alcalde Manuel Casás Fernández, tomaron a iniciativa de dar acubillo nocturno a persoas que pasaban a noite en soportais e casas ruinosas. Chamouse asilo nocturno para borrachos e era coñecido tamén como refuxio para borrachos, quedando para sempre o de refuxiocomo referencia universalmente aceptada.
Aos poucos estendeuse a súa atención a esmoleiros. Pretendían as autoridades á desaparición da mendicidade nas rúas. Dábanse comidas, ceas e camas para durmir. Ao longo dos anos, as crises económico-sociais, a guerra mundial, as tensións políticas internas, a Guerra Civil dificultaron o sostemento da Institución.
No ano 1959 as autoridades deciden acudir ao xesuíta Antonio Rubinos para ver se con membros da Congregación de Cabaleiros de San Ignacio poderíase remontar a situación do Padroado. O 23 de Julio de 1959 constitúese a xunta directiva. O pai A. Rubinos será o gran animador e renovador do refuxio. Aos poucos vanse resolvendo problemas. O que era soamente refuxio de esmoleiros e transeúntes necesitados amplíase unha residencia para maiores e unha escola infantil.
Finalmente, en 2014, inaugúranse os novos edificios, construídos e ofertados pola Fundación Amancio Ortega
No ano 2017 concedeuse a esta institución o título de real. Hoxe a Real Institución Benéfico Social Pai Rubinos