Emilio Novoa González, nado en Ourense o 10 de febreiro de 1895 e finado en Madrid o 3 de febreiro de 1972.
Estudou o bacharelato en Ourense e na Coruña. Despois estudou Dereito na Universidade Central de Madrid. Seguidamente realizou os estudos conducentes á obtención do título de enxeñeiro de Telecomunicacións. Desta forma, en 1924, coas dúas carreiras, foi o iniciador en España do novo Dereito da Telecomunicación.
En 1924 ingresou, por oposición, no Corpo de Profesores de Escolas Técnicas. Foi director da Escola de Telecomunicación, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación e da Escola Técnica de Peritos de Telecomunicación. Durante a República foi gobernador civil da Coruña, onde realizou un gran labor, o que lle valeu o seu ingreso na Orde do Mérito Militar, a proposta do xeneral Franco, entón xefe do Estado Maior Central.
Na República afiliouse ao Partido Republicano Radical e foi nomeado gobernador civil de Áraba o 22 de decembro de 1933, permanecendo no cargo até que o 27 de maio de 1934 foi nomeado gobernador da Coruña, permanecendo no posto até o 21 de decembro de 1935.
En 1958 era administrador xeneral dos Servizos de Comunicación do Estado. Baixo a súa dirección establecéronse en España, entre 1954 e 1959, os servizos de télex. Foi o primeiro presidente da recentemente creada Sociedade Española de Cibernética.
Ademais da medalla militar xa citada, estaba condecorado coas Grandes Cruces do Mérito Civil e de Alfonso X o Sabio, a Lexión de Honra Francesa e a vaticana Orde de San Silvestre.
Faleceu en Madrid o 2 de febreiro de 1972.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Ourense Lugar de fallecimiento: Madrid España. Otro lugar asociado: A Coruña
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Enxeñeiro en telecomunicacións.
Gobernador Civil da Coruña