Naceu o 12 de xaneiro de 1871 en Minas de Río Tinto (Huelva) e faleceu en Bera, Navarra, o 19 de decembro de 1953.
Pintor, gravador, escritor, inventor, actor e arquiveiro español. Fillo de Serafín Baroja Zornoza e Carmen Nessi Goñi. Irmán de Pío, César, Darío e Carmen Baroja Nessi.
Personaxe polifacético que cultivou diversas artes ao longo da súa vida. Aínda que profesionalmente hai que vinculalo ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Anticuarios, onde ingresou en 1894, as súas aspiracións artísticas non foron un mero entretemento ou afección, senón que chegaron a converterse nun medio de vida. Pasou así coa pintura. O seu biógrafo, Pío Caro Baroja, sinala como se poden trazar dúas etapas diferenciadas: unha primeira que abarcaría desde 1885 a 1936, onde pintou por pura afección, e outra, desde 1937 ata o final dos seus días, en que o fixo por supervivencia económica.
Outras das facetas que desenvolveu foi a de gravador, deixando unha obra extraordinaria que, aínda que non chegou intacta ata os nosos días, si contamos con boa mostra dela. En canto á súa faceta literaria caracterizouse como escritor de novelas e contos; a súa novela La Nave Capitana mereceu o Premio Cervantes.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Minas de Río Tinto (Huelva) Lugar de fallecimiento: Bera (Navarra)
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Pintor, gravador e escritor, entre outras ocupacións