En 1937 trasladaron ao campo de concentración de Rianxo ao famoso e virtuoso violonchelista catalán Ricard Boadella y Sanabra (1912-1977). Detivérano en Berlín a Gestapo. Estaba na capital alemá ampliando os seus estudos musicais na Staatlich Musikhochschule (onde foi alumno de Paúl Grümmer e de Eta Harich- Schneider) e acusáronlle de atacar a Embaixada de España.
Entregado ao réxime de Franco, foi trasladado inicialmente ao cárcere da Coruña, onde estivo un ano na chamada cela 17 dos cataláns, xunto a un grupo de intelectuais, como o arquitecto Jordi Tell, o xornalista Jaume Gascon, o campión de xadrez Miquel Albarela ou o xeólogo Carlos Auernheimer.
A Ricard, as súas habilidades co violoncelo probablemente salváronlle a vida. E é que, grazas á súa destreza co devandito instrumento, gañouse simpatías e pronto empezou a ofrecer actuacións no campo de concentración e na igrexa de Santa Columba.
Na Semana Santa de 1939 tocou no funeral “polos caídos do municipio”, custeado polo Concello.
Ao acabar a Guerra Civil española, Boadella foi liberado e regresou a Barcelona, retomando con éxito a súa carreira de concertista. Nos anos 40 fixo varias xiras por Europa, América, África e Asia. Morreu en Barcelona o 2 de outubro de 1977.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Barcelona Lugar de fallecimiento: Barcelona España