Antonio Fernández Pita, nado en Fontán (Sada) en 1888 e fusilado na Coruña o 27 de novembro de 1936, foi un político galego.
Emigrou cando novo aos Estados Unidos de América, onde participou activamente en diferentes empresas culturais e políticas da colectividade sadense. Así, no 1913 participou na fundación da Sociedad Sada y sus Contornos en Nueva York, que máis tarde financiou a construción das escolas do mesmo nome na vila de Sada.
Retornou antes da proclamación da II República Española e traballou como mariñeiro. No 1931 entrou a formar parte da corporación municipal coma concelleiro pola ORGA e 1º Tenente de Alcalde.
Trala dimisión de Justo Rodríguez Pérez no 1932, foi proclamado alcalde de Sada, cargo que ocupou ata o 1936. Durante este período haberíase enfrontar á oposición reaccionaria, pero tamén ao movemento anarquista. O 18 de xullo ordenou a requisa de armas, que dirixiron Juan Antonio Suárez Picallo e José Monzo Ríos.
Coa toma de Sada polos falanxistas, o día 23, foi apreixado e conducido a Betanzos, de onde foi liberado días despois. Detido novamente e trasladado á Coruña, foi sometido a un Consello de Guerra Sumarísimo e condenado a morte por rebelión militar, pena que se executou o 27 de novembro de 1936.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Fontán (Sada) Lugar de fallecimiento: A Coruña España, Estados Unidos de América