Nado en Cuba retornou cos seus pais a Galicia en 1921. Estudou maxisterio na Escola Normal de Ourense e exerceu de mestre en Seixalbo (Ourense). Militou nas Mocedades Galeguistas e colaborou en Nós. Foi un dos promotores da revista Espartaco.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de galeguista e comunista, expedientado e suspendido sendo reposto en 1941. Fixo a carreira de dereito e abriu un bufete en 1946. Foi colaborador e difusor de Vieiros en Galicia, o que lle custou o apercibimento por parte das autoridades, que lle abriron expediente sancionador en 1966. Organizou a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro con motivo da súa marcha a Venezuela en 1966.