O día 07/10/1937 ás 04:00 h varias persoas fanse co dominio da tarrafa María Helena J , de Mera, e condúcena cara Francia, chegando a Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia) o día 09/10/1937.
Varios dos tripulantes están implicados na acción; ao patrón, Manuel García Lugrís, que se opón á fuxida, déixano na lancha auxiliar en Cabo Prior. Desde Francia aos nove escapados enviáronos a España, á zona republicana, e estiveron nas frontes de Barcelona e Valencia. A tripulación que non deserta volve ao porto de Celeiro (Lugo). A tarrafa era propiedade do médico de Mera, Ramón Juega López.
Os nove fuxidos foron: Pedro Hidalgo Longueira, mariñeiro; Rafael-José Patiño García, carpinteiro; Juan Temprano Lugrís; Juan-Antonio Neira Moscoso, mariñeiro; os irmáns Manuel Irajo Lago e Francisco Irajo Lago; Andrés Siso Longueira, mariñeiro; Juan-Antonio García Lugrís, mariñeiro, e José Illanes Barreiro.
Despois, desde Francia, pasa á zona republicana.
Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión (contra a tripulación do María Helena J) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ao presentarse no ano 1958 prodúcese o sobresemento definitivo da súa causa.
2.3 Lugares:
España. Residencia, sede: San Xulián de Serantes (Oleiros, A Coruña)