Escultor e debuxante nado en Palencia o 23 de decembro de 1887 e falecido en Toledo o 13 de xullo de 1966.
Estudou na escola de artes e oficios de Santander e despois en Madrid na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da que foi nomeado membro académico en 1936.
Pertenceu á loxia masónica Matritense número 12, na que tiña o nome simbólico de Canteiro.
Tras a Guerra Civil Española residiu en Francia, Rusia, Colombia e Perú, pero regresou a España en 1952 e instalouse en Toledo, na mesma casa que alberga hoxe o Museo Victorio Macho, onde se conserva a obra do escultor, que doou ao Estado español.
Foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica en 1964
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Palencia (España) Lugar de fallecimiento: Toledo (España) España, Francia, Unión Soviética