En 1706 Felipe V pretende converter en Renda Real o servizo de Correos, creado por Felipe I de Castela no século XVI; aínda que o conflito co archiduque Carlos polo trono de España pospón a efectividade de tal decisión. O servizo postal pasa a ser responsabilidade do Estado e administrado pola Coroa, unha vez finalizada a Guerra de Sucesión. En 1756 noméanse os primeiros carteiros urbanos e en 1762 instálanse as primeiras caixas de correos. En 1855 créase o Corpo de Telégrafos e, poucos anos despois, en 1882 incorpórase a muller ao persoal. En 1889 créase o Corpo de Empregados de Correos.
Actualmente, Correos, é o operador designado por lei para prestar o servizo postal universal en todo o territorio nacional.
Organicamente, en 1777 publícase a Real Ordenanza do Correo marítimo e establécese en Madrid a Dirección Xeral de Correos ou da Renda de Correos que pasa a ser Dirección Xeral de Correos e Telecomunicación en 1943, ata que en 1985 escíndese na Dirección Xeral de Correos e Telégrafos e a Dirección Xeral de Telecomunicacións. Esta última perdura até 1997 e a Dirección Xeral de Correos e Telégrafos desaparece en 1993, ao crearse o Organismo Autónomo Correos y Telégrafos pola liberalización do servizo postal. En 2001 pasa a ser Sociedade Anónima Estatal co nome de Entidade Pública Empresarial Correos y Telégrafos (España)
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004