Roberto Nóvoa Santos (A Coruña, 6 de xullo de 1885-Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1933) foi un médico e pensador español que destacou na modernización do ensino e a práctica da medicina en España nas primeiras décadas do século XX. Considéraselle o especialista de maior relevo da historia da medician en Galicia.
Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 1900, onde cursou brillantemente a licenciatura en Medicina, que obtivo en xuño de 1907. Finalizada a carreira foi axudante do profesor Ramón Varela de la Igrexa na cátedra de Fisioloxía. Posteriormente deixou a institución, instalando a súa consulta privada en Ferrol e, despois, na súa cidade natal, A Coruña.
En 1911 volve á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago como interino de Patoloxía Xeral, gañou a praza de auxiliar ese ano e opositou e conseguiu a cátedra ao ano seguinte. Acudiu, pensionado pola Junta para Ampliación de Estudios (JAE) a completar a súa formación en diversos laboratorios europeos, destacando a súa estancia na Clínica Médica da Universidade de Estrasburgo, na que traballou con Karel Frederik Wenckebach e León Blum.
No terreo da política institucional, en 1924 foi nomeado deputado polo distrito de Santiago-Padrón na Deputación provincial de Coruña. Desde ese posto realizou a proposta de integrar o Hospital Provincial na Facultade de Medicina da Universidade galega, cuestión que provocou un debate social.
Na II República sería deputado representando á circunscrición da Coruña pola Federación Republicana Gallega. Nas Cortes defendeu unha república integral, unitaria, que ao mesmo tempo recoñecese as autonomías e interviu en contra da concesión do dereito ao voto ás mulleres.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: A Coruña Lugar de fallecimiento: Santiago de Compostela España
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004