Carlos Taboada Tundidor, nado en Ourense o 8 de agosto de 1880 e finado na mesma cidade o 26 de abril de 1935, foi un avogado, militar e político galego.
Fillo de Juan Taboada González, e irmán de Antonio Taboada Tundidor. Estudou Dereito e ingresou na administración militar, da que se retirou como tenente coronel.
Católico profeso e afín ao Partido Conservador da facción bugallalista, padeceu o rexeitamento dos monárquicos tralo fin da ditadura de Primo de Rivera.
Coa chegada da Segunda República, fundou Acción Popular Agraria na provincia ourensá co apoio de Gil Robles e foi elixido deputado da CEDA pola provincia de Ourense nas Eleccións xerais de 1933, axudándose das antigas redes caciquís do político conservador verinés Luís Espada Guntín. Finou en Ourense o 26 de abril de 1935.
En 1910 casou no Pinto (Esgos) con María Isabel Álvarez Moreiras, falecida por mor da gripe de 1918. Casou en segundas nupcias con Carmen Galán Salgado en 1921,[e foi pai de María Isabel e Amalia Taboada Galán, casada esta última con Elías Palao Martialay.