Político falanxista que chegou a ser segundo xefe nacional de FE de las JONS e sucesor de José Antonio Primo de Rivera.
Afiliouse á Falange en 1934. En setembro de 1936 foi nomeado xefe da "Junta de Mando Provisional" que exerceu a xefatura do partido mentres José Antonio Primo de Rivera estaba detido na zona republicana
Despois do Decreto de Unificación promulgado por Francisco Franco para unificar nun partido único a todas as forzas políticas foi detido e encarcelado e posteriormente condenado a morte e indultado.