Dávila Barros, Salvador, 1897-07-23 -. Desterrado nas Pontes de García Rodríguez en 1936, con ideoloxía de esquerdas. Ingresado no cárcere provincial da Coruña de 1938 a 1939
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1897-07-23
2.2 Historia/Descripción:
Ingresou na Academia de Infantería (Toledo) en 1914 da que saiu como oficial en 1917, destinado ao Rexemento de Infantería de Zaragoza nº 12 de guarnición en Santiago e logo ao Rexemento de Isabel a Católica nº 54, sendo expulsado en 1923 por decisión do Tribunal de Honor. Foi detido por orde gubernativa en agosto de 1936, posto en liberdade poucos días despois, e desterrado ás Pontes onde permaneceu catro meses, quedando novamente en liberdade e fixando o seu domicilio na rúa Socorro nº 41 da Coruña. En xullo de 1938 volveu ser detido e desterrado a Pontedeume e ás Pontes, e logo foi ingresado na Prisión Provincial da Coruña, a disposición do Xulgado Militar permanente da 8ª Rexión, quedando en liberdade en 1939. Fixou a súa residencia en Pontedeume, adicado á venda ambulante.
Considerábase perigoso pola súa ideoloxía de esquerdas, e por ter contactos con elementos revolucionarios. En 1943 remitiuse a súa ficha á Direción Xeral de Seguridade
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Lugo Residencia, sede: Pontedeume (A Coruña, España). Otro lugar asociado: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña, España)