Basilio Fernández Barbazán, nado en Barro (Noia) o 4 de xullo de 1904 e finado no mesmo concello o 6 de abril de 1989, foi un debuxante, xornalista e escritor galego.
Profesionalmente foi perito agrícola. Na Segunda República foi proposto como candidato republicano para as eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, aínda que finalmente foi un dos asinantes do Manifesto de Ezquerda Galeguista do 14 de xuño de 1931 que anunciaba a abstención nas eleccións.
Foi nomeado xuíz municipal suplente de Noia en xuño de 1931.
Colaborou co Seminario de Estudos Galegos.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado e represaliado. Foi xuíz de Paz en Noia, profesor no instituto, escritor en revistas profesionais, foi un dos colaboradores da revista Tapal, onde publicou os seus aforismos co título Denantes. Colaborou en La Noche e agrupou escritos seus coa denominación “Carapolas”, que apareceron en El Correo Gallego. Publicou algúns folletos en edicións non venais como Homes de Noia (1961), Denantes (1961), Homes de Noia II (1968) e Denantes II (1968). Tamén foi debuxante. Escribiu traballos profesionais coma o titulado “Los peritos y el intrusismo”, na Revista Vinícola y Agrícola de Zaragoza en 1935. Na súa vellez participou con Avilés de Taramancos e outros autores da bisbarra no xornal A Barbanza.
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Períto agrícola, escritor, xornalista e debuxante, entre outros.