Pardo de Andrade Sánchez, Atanagildo José, 1887 - 1963
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1887 - 1963
2.2 Historia/Descripción:
José Atanagildo Pardo de Andrade Sánchez, nado en Dexo (Oleiros) o 8 de abril de 1887 e finado na Coruña o 22 de agosto de 1963, foi un avogado e político galego.
Fillo de Lisardo Pardo Otero. Estudou o Bacharelato na Coruña rematando en 1903. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1904-1909). Exerceu como avogado e fiscal da Audiencia Territorial. Foi presidente da Fundación Escolas Labaca. Durante a República militou no Partido Radical, foi nomeado concelleiro polo Goberno e elixido alcalde da Coruña o 28 de outubro de 1934. Permaneceu no cargo ata finais de marzo de 1935.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Dexo (Oleiros) Lugar de fallecimiento: A Coruña España. Residencia, sede: A Coruña
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004