A Coruña, 1 de xaneiro de 1901 - ide., 8 de setembro de 1989. Foi un político, fiscal, empresario e avogado de Galicia.
Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a Segunda República Española era membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), coa que foi elixido concelleiro, e logo alcalde da Coruña, tralas eleccións municipais de 1931. Despois foi deputado a Cortes nas eleccións xerais de 1933.
Neste período democrático republicano, e como xurista, foi fiscal xeral da República Española, fiscal xefe de o Tribunal Supremo e do Tribunal de Garantías Constitucionais.
Ao estalar a Guerra Civil e ocupada Galicia polo exército sublevado, tratou de ser avogado defensor de varios acusados nos consellos de guerra sumarísimos, pero distintas ameazas e rexistros no seu domicilio fixéronlle desistir. Ao finalizar o conflito o Tribunal de Responsabilidades Políticas impúxolle unha forte multa, aínda que puido evitar outras represalias maiores grazas á súa amizade cun militar do servizo xurídico.
Puido dedicarse á actividade privada, prestando os seus servizos como avogado na Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Dentro da actividade empresarial, foi Secretario Xeral da Industria Ballenera Española, S. A, Presidente de Frigoríficos del Noroeste, SA, conselleiro do Banco del Noroeste e Secretario do Consello de Administración da Voz de Galicia. Como xurista foi decano do Colexio de Avogados, presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, presidente da Comisión do Consejo Genral de la Abogacía Española para la Unión de Abogados Hispanoamericanos e membro da Comisión General de Codificación, ademais de selo de numerosas institucións públicas do ámbito xurídico españolas, portuguesas e francesas.
Rematada a ditadura franquista, nas primeiras eleccións democráticas de 1977 foi elixido senador pola circunscrición electoral da Coruña dentro da Candidatura Democrática Gallega, intregrándose despois no Grupo Parlamentario de Unión de Centro Democrático (UCD). Repetiu escano como senador nas eleccións de 1979, nesta ocasión por UCD. Coa desintegración do partido centrista en 1982, integrouse en Alianza Popular, formación coa que foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 e 1985. Tras as eleccións xerais de 1986, foi designado senador pola Comunidade Autónoma, cargo que ocupou ata a súa morte
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: A Coruña Lugar de fallecimiento: A Coruña España