Nacido en Santiago de Compostela o 19 de novembro de 1886 e falecido nesta mesma cidade o 17 de maio de 1859, foi un músico, mestre e compositor galego, cuxo catálogo de obras supera o centenar de composicións nas que podemos atopar os principais tópicos dunha identidade musical galega apoiada nas fontes procedentes do folclore e da tradición oral.
Os seus inicios no mundo da música viñeron da man do seu pai, o tamén músico Ángel Brage e, posteriormente, do violonchelista Enrique Lens a través da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. Non ano 1903 comeza a ofrecer concertos de piano pero non será ata os anos 20 e 30 cando desenvolva o seu período de maior actividade levando a cabo un importante labor na difusión da música galega, tanto a través da composición como da dirección de conxuntos musicais como a orquestra Tamberlick de Vigo, o orfeón de Pontevedra ou a banda de música municipal Lira de Ribadavia.
Non ano 1937 foi detido, acusado de pertencer a Organización Republicana Galega Autónoma e a Esquerda Republicana, sendo condenado nun primeiro momento a pena de morte para posteriormente ver conmutada a súa pena a 30 anos de prisión, dos que finalmente cumpriría tres.
O seu ingreso na Prisión Provincial de Ourense ten lugar o 2 de novembro de 1937, alí asume o cargo de director musical do establecemento, ocupándose tanto da dirección e organización do coro, formado por 32 voces, como do ensino musical doutros 25 reclusos, ademais adaptará distintas pezas musicais e engadirá pezas propias ao repertorio, como Follas Novas. Sae en liberdade provisoria o 2 de agosto de 1940.
Tras o seu paso por prisión a súa actividade viuse restrinxida ao traballo como mestre de música na cidade da Coruña. Os cinco últimos anos da súa vida pásaos en Santiago de Compostela, onde falece o 17 de maio de 1959.