José Jeremias Montero, nado en Santiago de Compostela en 1892 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1944, foi un practicante e político galego.
Fíxose practicante en 1926. Na Segunda República foi nomeado practicante municipal de Santiago de Compostela en setembro de 1931. Foi vogal do Centro Republicano de Santiago de Compostela (1931), tesoureiro do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega (1932), e militou en Vanguardia de Izquierda Republicana. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado polos montes da Mahía. Foi detido en 1937 acusado de incitar aos gardas para botarse á rúa e intentar asaltar o cuartel de artillaría, acción que en realidade protagonizou o seu irmán Juan Jeremias Montero. Foi xulgado en Compostela por auxilio á rebelión o 20 de marzo de 1937. Aínda que o fiscal solicitaba cadea perpetua, finalmente foi condenado a 9 anos de prisión.
Casou con María Arca Guerra
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela Lugar de fallecimiento: Santiago de Compostela España