Mestre en Ventosela, durante a Segunda República militou no Partido Republicano Radical Socialista. En 1932 enfrontouse a un expediente de suspensión por reivindicar un local axeitado para a escola. Estivo suspendido de emprego e soldo. Foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e colaborou na súa revista Escuela del Trabajo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ourense por rebelión militar. Foi sentenciado a pena de morte, conmutada a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión de Ourense. En 1943 conmutáronlle a pena por 15 anos de inhabilitación. Dedicouse ao ensino privado e incorporouse en 1966 ao ensino público.