Coñecido como Alfredito, nado en Negreira en 1897 e finado en Venezuela en 1970, foi un avogado e político galego.
Fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriño de Manuel Caamaño Ferreiro. Foi presidente de Izquierda Republicana de Negreira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República de Negreira. Agochouse no Pazo de Cotón; co seu irmán Manuel pasou a Portugal, e por Francia chegou á zona republicana. Xulgado en Compostela por rebelión, foi declarado en rebeldía. Os franquistas detiveron e condenaron á súa muller Elena Suárez Suárez, con ela tivo 5 fillos: Alfredo, Iván, Matilde, Sirio y Violeta. Antes de casar tivo un fillo chamado Aureliano. Foi xuíz de Belchite e ao caer Belchite estivo en Barcelona como xefe de armamento. Ao rematar a guerra marchou á República Dominicana en decembro de 1939.Á República Dominicana tivo 2 fillos con Genoveva Casado: Themys e Eros. Despois exiliouse en México e finalmente en Venezuela.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Negreira Lugar de fallecimiento: Venezuela España, México, Venezuela. Residencia, sede: Negreira